Dependency Tree

Universal Dependencies - Galician - TreeGal

LanguageGalician
ProjectTreeGal
Corpus Parttest
AnnotationGarcia, Marcos

Select a sentence

Showing 203 - 302 of 400 • previousnext

s-203 Agora será o BNG quen terá un mes para traballar nunha proposta articulada, coa achega de toda a militancia, para presentar o proxecto, listo e feito, á sociedade.
s-204 Diría máis:
s-205 Os redactores procuraron realizar unha proposta non pegada á sociedade actual, senón en relación con outras sensibilidades non nacionalistas.
s-206 A proposta presentada ao BNG aposta por un Estatuto con competencias máis amplas que o actual, ao mesmo tempo exclusivas e excluíntes para que haxa invasión do Estado e baleire a lei galega de contido a través de leis básicas do Estado como veu ocorrendo até o de agora (coincidencias con Iniciativas 21).
s-207 Ao mesmo tempo, defenden mecanismos que garanten a cohesión territorial do Estado (coincidente no fulcral con Iniciativas 21).
s-208 Así propoñen a supresión da división provincial;
s-209 aposta polo desenvolvemento das comarcas e rexións urbanas e de dúas áreas metropolitanas con carácter xurídico político.
s-210 As discrepancias máis profundas entre ambos os documentos de base, aínda que non insalvábeis son na filosofía de fondo.
s-211 Os socialistas, que recoñecen a Galiza como nación e o Estatuto como a 'expresión xurídica entre a pluralidade de comunidades que integran o Estado español', insiren a súa reforma totalmente no marco da constitución actual.
s-212 Algo rexeitado, en principio, polos nacionalistas vascos, cataláns e galegos.
s-213 A Academia Galega do audiovisual vén de dar a coñecer os candidatos que competirán o vindeiro 20 de marzo na gala dos Premios Mestre Mateo 2004, unha cerimonia que se celebrará no Teatro Caixanova de Vigo.
s-214 Muíño presenta as súas novas creacións
s-215 Procedente da figuración simbolista que cultivou durante a década dos oitenta, nesta exposición o artista mostra a súa actual obra, desprendida de toda connotación descritiva, na que bota man de novos códigos e iconas para abordar sentimentos como a dúbida, a ansia ou o desasosego.
s-216 E dun provocador a outro.
s-217 O artista trae a Santiago a súa particular maneira de ver a Alaska, Marta Sánchez ou o grupo Abba.
s-218 A primeira versión do Quixote en galego fíxoa A Nosa Terra en 1917
s-219 Antes houbera aproximacións, con tradución de varios capítulos, en 1975 e 1977, pero a tradución pioneira, dun anaco do Discurso aos cabreiros, fíxoa Antón Valcárcel en 1917 e publicouna A Nosa Terra.
s-220 Moitas son as veces que se citan as traducións pioneiras de obras universais feitas polos galeguistas, como a que Otero Pedrayo fixo do Ulises de James Joyce.
s-221 O autor da versión foi Antón Valcárcel y López de Lemos (Ourense 1887-Madrid 1963), membro das Irmandades da Fala, que acabou sendo secretario do Consello Superior de Cámaras de Comercio.
s-222 A tradución _ver recadro_ está traballada, pero aos ollos de hoxe adoece basicamente do abuso do hiperenxebrismo.
s-223 1975 é a seguinte etapa do Quixote en galego.
s-224 Publicouse nunha separata institucional que hoxe se atopa nas bibliotecas.
s-225 En decembro de 1976, un grupo de tres persoas, Lois Miguel Lustres, Xerardo R. Roca e Camilo F. González, publican na histórica colección O Moucho de Edicións Castrelos, Sancho na Insua Barataria, pasaxes dos capítulos 45, 47, 49, 51 e 53 da segunda parte.
s-226 A tradución definitiva
s-227 A persoa escollida polo editor, Raúl Seoane, foi Valentín Arias, que entre as condicións que puxo estiveron que ademais da edición de luxo, se fixese unha máis popular e que o traballo se realizase en equipo.
s-228 Eu tamén traducín e encargueime de unificar todo o traballo, que nos levou uns seis meses'.
s-229 Unha primeira, limitada, de 300 exemplares, encadernados en pel de vitela, e nunha luxosa caixa de castiñeiro.
s-230 Fixo despois unha edición en catro tomos, con ilustracións de Correa Corredoira, que custa 360 euros, e da que aínda quedan exemplares que segundo o editor pódense encargar á editorial en calquer libraría.
s-231 Cervantes escribía con moi pouco coidado, e pese aos estudos, aínda hoxe permanecen as dúbidas.
s-232 Sempre se di iso de tradutore-traditore , pero tamén o lector é un traidor en certo senso.
s-233 Precisar algunhas frases foi o máis difícil e sobre todo preocupábanos porque se ía mirar con lupa'.
s-234 Porque ten a importancia social da valoración da lingua nosa.
s-235 Don Quixote e Breogán
s-236 Nese sentido é unha obra pioneira, que constará de catro títulos: Na aventura dos muíños, O exército de ovellas, Dulcinea, a nena cabaleira e A pousada encantada.
s-237 Escandalizada estou.
s-238 Lembreime de Mabel Ribera, do seu discurso na recepción do Goya, non creo que cando falaba da necesidade de que os nosos actores e actrices fosen coñecidos fóra do noso país estivese a falar de papeis coma este.
s-239 porque ten cinco anos?
s-240 Os galegos diferenciámonos doutros pobos por termos unha cultura diferente, un país rico mal xestionado, a mocidade camiño da emigración, e a estas alturas da historia é inadmisíbel que se siga denigrando o noso acento, a nosa identidade.
s-241 Que distintas as imaxes que nos dan a serie e a película, quizais porque, como di Tamar Novás, tentouse tratar con fidelidade e con respecto a nosa realidade, fuxindo de prexuízos extemporáneos e o resultado foi este, a admiración por unha historia real que nos a exacta dimensión da vida.
s-242 E en Galiza?
s-243 Un ano lembrando a Luísa Villalta
s-244 Nacida na Coruña en 1957, dentro do ámbito da poesía publicou os libros Música Reservada (1991), Ruído (1995), Rota ao interior do ollo (1995) ademais de textos e colaboracións en diferentes meios, antoloxías e publicacións.
s-245 Licenciada nas Filoloxías Galego-portuguesa e Hispánica, tamén se ten revelado como asidua analista e intérprete da literatura nos libros ensaísticos O don Hamlet de Cunqueiro: unha ecuación teatral e o recentemente publicado O outro lado da música, a poesía, no que trazou unha orixinal visión da poesía galega desde o ponto de vista da relación ancestral desta arte coa música.
s-246 Piden material para unha fita sobre Manuel María
s-247 Aínda que dispoñen dun fondo documental importante, a súa andadura por todo o país ao longo de moitos anos está tamén recollida en imaxes e precisan dispor desas imaxes _en vídeo, en súper 8, en fotografía..._ para construír unha película.
s-248 Ofrecen uns medios de contacto no teléfono 687 614 874 ou no correo electrónico (manuelmaria@as-pg.com)
s-249 Fernández Ferreiro retoma a represión despois do 36
s-250 Tal é o caso de Roberto, Marcial e os seus dous compañeiros, que se viron obrigados a botarse ao monte para non seren fusilados polos homes do falanxista Garabís.
s-251 Son fuxidos cansos de iren de aquí alá e queren morrer preto de quen os ama.
s-252 Un discurso que nos amosa dous tipos de vida distintos: a dos habitantes de Abades, que ven a súa vida cotiá condicionada polas contínuas accións represoras, e a dos fuxidos, refuxiados en covas de dificil acceso, unha vida que dificilmente se pode chamar así.
s-253 Ao seu carón, Roxelio, un ex-garda civil, un ser anxelical, comprensivo.
s-254 Nunha novela deste tipo, as personaxes é de agardar que teñan unha importancia capital.
s-255 Quizá as mulleres de Abades, ou o crego D. Osorio.
s-256 Un narrador que, como sinalamos, resulta pouco eficiente á hora de atender as diversas caras do prisma, as diferentes frontes da historia que relata.
s-257 Non é Os últimos fuxidos a mellor novela sobre a guerra (ou as consecuencias) do 36, un tema que na nosa narrativa xa conta cun considerábel corpus, tanto en cantidade como en calidade.
s-258 Velaquí a explicación de que na Galiza a guerrilla, os fuxidos, tardasen tanto en desaparecer:
s-259 Infancia en Pontedeume
s-260 Viaxe á escuridade dun tempo emocionante pero cheo de pantasmas.
s-261 Os tempos cambian.
s-262 En toda empresa hoxendía, pequena, mediana ou grande, hai un lugar, próximo á papeleira, onde se depositan os currículos que van chegando.
s-263 Quen envía un currículo agarda que algunha empresa conteste, cando menos por educación e aínda que seña para dar unha negativa.
s-264 antes, na Comunidade de Madrid, dous deputados do PSOE implicados nun turbio asunto de tixolos e cemento.
s-265 En Galiza non se regularizan apenas inmigrantes.
s-266 Vir de emigrante a Galiza é como sufrir de vértigo e facerse aviador.
s-267 Debería representar os Estados Unidos, pola nacionalidade da axencia publicitaria autora da música.
s-268 O dobre
s-269 Unha delas , os Tristemil, sacódense por un asasinato entre xemelgos por causa dun morgadío.
s-270 Edita Sotelo Blanco.
s-271 Kalandraka edita A verdadeira historia de Carapuchiña, de Antonio Almodóvar e Marc Taeger.
s-272 Premio 'García Barros'
s-273 O escritor e historiador noiés procura na biografía do estadounidense Ernest Hemingway para construír un relato sobre o amor, os segredos e o paso do tempo.
s-274 Tempo exterior
s-275 O Brasil de Lula centra as informacións deste número.
s-276 André Sabóia e José Gilberto Scandiucci buscan entender a perspectiva histórica da política de desenvolvemento social.
s-277 Eixo Atlântico
s-278 Encrucillada
s-279 No capítulo de estudos, Pedro Castelao reflexiona sobre a 'antropoloxía teolóxica e a sexualidade' e Xosé Manuel Caamaño repara nas relacións entre sexualidade, amor e vida.
s-280 O Centre d'Estudis 'Cristianisme i Justicia' fai unha reflexión sobre o proxecto da Constitución Europea.
s-281 Reedítase Contos por palabras, grande éxito de Agustín Fernández Paz
s-282 De todos os xeitos certifican esta afirmación o número de edicións das súas obras, que o converten nun fito dentro da literatura de xénero no país, podendo aventurarnos a falar dun escritor de best sellers.
s-283 Nace o libro dunha sinxela idea, a lectura diaria dos xornáis e dentro destes a dos anuncios por palabras.
s-284 Nesta nova edición, o autor decidiu engadirlle dous contos máis: Un máxico negocio e Un doce emprego, que foron escritos nas mesmas datas que os outros mais ficaron fóra da primeira edición.
s-285 García Teixeiro, entre o épico e o narrativo
s-286 O poema evoca a errancia do Vello Camiñante:
s-287 A feitura dos poemas é diversa, ben que prima o verso longo, de ton narrativo _ás veces dan a impresión de querer ser épico, e didáctico_, con partes en prosa poética máis que poemas en prosa, intentando transcender o discurso a un plano universal (sobre todo a terceira parte).
s-288 de certo ton engolado:
s-289 E ás veces, un certo mecanicismo, leva ao poeta a artellar versos que prefiren o poética á razón:
s-290 Cárcere de Ventas, de Mercedes Núñez, é un testemuño de referencia para coñecer o interior dos cárceres do franquismo e un documento excepcional que descobre a represión exercida polo réxime sobre as mulleres, tan poucas veces contada.
s-291 O próximo 14 de abril cúmprense sesenta anos da liberación do campo nazi de Ravensbruck.
s-292 Era aquela a data doutro aniversario, o da República, un día que permanecería imborrábel na súa memoria.
s-293 Non sería a primeira vez que Mercedes Núñez abandeiraba unha loita contra o esquecemento.
s-294 Filla dun emigrante galego en Cataluña, Mercedes Núñez naceu en Barcelona e é nesa cidade onde comeza unha militancia comunista que a fará fuxir a Galiza logo do trunfo do golpe militar.
s-295 Mercedes continuará no exilio francés a sua traxectoria na resistencia contra a ocupación nazi, actividade pola que de novo será apresada e conducida ao inferno que foi Ravensbruck.
s-296 Grammy ao mellor intérprete solista de música clásica sen acompañamento de orquestra.
s-297 Gañador de numerosos concursos internacionais como o de Alacante, o José Ramírez de Santiago de Compostela ou o premio Francisco Tárrega, entre outros, este escocés afincado en Nigrán considera que 'para ser concertista precísase sorte, unha técnica limpa e, sobre todo, moita personalidade musical'.
s-298 En Aire Latino, o disco polo que recibiu o Grammy, recolle obras de compositores sudamericanos.
s-299 Trátase dunha selección de obras coñecidas de autores clásicos ou case clásicos.
s-300 Como eran as súas clases?
s-301 Pero tecnicamente el non sabía moito, foron os profesores que tiven despois quen ma ensinaron.
s-302 Coñecino en Música en Compostela, uns cursos que realicei no ano 1974.

Text viewDownload CoNNL-U