Dependency Tree

Universal Dependencies - Galician - CTG

LanguageGalician
ProjectCTG
Corpus Parttest
AnnotationGómez Guinovart, Xavier

Select a sentence

Showing 705 - 804 of 861 • previousnext

s-705 Outros efectos negativos estudiados refírense a aumentos da tensión dos músculos, incrementos da sensibilidade cutánea, alteracións na visión das cores, na dilatación das pupilas, etc.
s-706 Unha vez determinado o tamaño da mostra, a selección da mostra realizouse aleatoriamente en cada estrato, determinándose unha mostra aleatoria simple para cada un deles e independente da xerada para calquera outro.
s-707 Outubro de 2005 No eido económico, cabe sinalar que os investimentos aumentaron de manera moi significativa no 2003 pasando dun investimento medio por explotación de 13,03 miles de euros no 2002 a mais de 16 miles de euros no 2003 (sen contar as compras de vacas e xovencas).
s-708 En segundo lugar, obsérvase que as empresas de maior tamaño mostran unha elasticidade prezo efectivo do capital con respecto a cambios nos incentivos fiscais de 10 puntos porcentuais medios superior ás do grupo de menor tamaño.
s-709 Pero non se corresponde proporcionalmente, como é lóxico, a gasto de recursos humanos e materias coa súa plasmación directa nos medios.
s-710 O obxectivo é desenvolver complexos industriais integrados nos que os subprodutos de materia e os excedentes de enerxía se empreguen como materias primas e non como residuos.
s-711 Nesta sección preséntanse varios modelos alternativos para contrasta-la hipótese do capital público e estúdianse as distintas series utilizadas para estima-la función de producción ampliada da economía española.
s-712 De cara a fomenta-la participación, xa desde a primeira fase de elaboración deste documento, desenvolveuse un proceso de consultas nas dúas últimas semanas de maio.
s-713 Os residuos de construcción que se tratarían nesta planta serían residuos asimilables a urbanos (papel, cartón e plástico), mestura de residuos voluminosos e entullo limpo.
s-714 A comisión, na súa vomunicación sobre o relanzamento da estratexia de Lisboa de febreiro de 2005, propón centrar os esforzos en producir un crecemento máis forte e máis duradeiro e crear máis emprego e de mellor calidade.
s-715 Nel vemos que si o número de parados alcanzaba xa entón ó 19,1% por cento da poboación galega en idade de traballar, no caso das mulleres ascendía ó 24,4% por cento do total, sendo o dos homes 9 puntos menos.
s-716 Outra das árbores que viven cerca do río é a abeleira, unha árbore xeralmente baixa, co tronco moi dividido desde a base.
s-717 Tamén se pode medir o efecto sobre o emprego directo e indirecto dos diversos cambios que apuntan no horizonte e considerar, finalmente, o peso que pode ter ese refluxo no conxunto da economía galega.
s-718 En total o investimento adicado a construcción de bateas ascende a 594,630 millóns de pesetas, o que supón o 20,75% da FBCF da miticultura.
s-719 O avellentamento da poboación que sustentaba os usos rústicos conleva, así mesmo, ó progresivo abandono das pautas tradicionais de aproveitamento agrogandeiro e forestal.
s-720 Pola contra, consolídase a actividade de material eléctrico e electrónico cunha facturación en 1998 en Galicia que superaba por primeira vez á da agrupación anterior.
s-721 Os mutualistas poden obter un xuro non superior ao xuro legal do diñeiro, no caso de realizar contribucións para a constitución do fondo mutual, así como o retorno correspondente ao resultado de cada exercicio.
s-722 Canto ao número de prazas, estas porcentaxes situáronse no 4,1% no caso das residencias de anciáns, e 2,4% e 3,9% no caso dos centros de día de financiamento público e xestión privada, respectivamente.
s-723 Para unha persoa dada, a relación entre a exixencias do seu traballo e os recursos mentais de que dispón para facer fronte a tales exixencias, expresa a carga de traballo mental.
s-724 Este montañoso e exuberante territorio -12% da biodiversidade mundial- ten como base social as comunidades dos Mixtecos, Zapotecos, Chatinos, Chinantecos e outros pobos indios que falan 16 liguas inintelixibles entre elas, polo que utilizan o español para a comunicación intercomunitaria.
s-725 Acadar este obxectivo necesita, nunha primeira fase de inicio, coñecer a práctica forestal mediante a caracterización da propiedade individual da terra e do xestor.
s-726 Por unha parte inclúense unha serie de características persoais do traballador e, por outra, distintos aspectos relacionados co seu emprego.
s-727 A afasia non pode considerarse como resultado dun disturbio intelectual no sentido corrente, senón como consecuencia de alteracións do aparato da linguaxe.
s-728 Calquera modificación que se pretenda levar a cabo nos calendarios laborais deberá ser debidamente motivada, argumentada e negociada cos representantes dos traballadores, e notificarase coa antelación oportuna aos interesados.
s-729 En caso de non mediar convenio para evitar a dobre imposición, a competencia para subscribir o acordo recaerá, así mesmo, no director xeral de Tributos.
s-730 Dende o punto de vista económico a relación entre educación e integración social é máis directa e substituínte .
s-731 Neste sentido, os avances acadados nos últimos tempos para catapultar industria audiovisual galega ao mercado nacional e internacional, son moi para exportar as diferentes formas e modos da cultura .
s-732 A sanción imposta de acordo co previsto neste punto reducirase conforme o disposto no número 3 do artigo 188 da Lei xeral tributaria.'
s-733 O padroado confiou a dirección da Fundación Galicia Europa á Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior.
s-734 Un primeiro apartado describe as principais tendencias da oferta e a demanda turística a escala global, xunto coas transformacións que configurarán o sector na próxima década.
s-735 Cada unha das áreas que definen a CVRS posúe así mesmo diferentes compoñentes que deben ser necesariamente valorados para obter esa visión global que se busca.
s-736 As clasificacións acordadas serán revisables a pedimento dos interesados ou de oficio pola Administración en canto deixen de ser actuais as bases tomadas para establecelas .
s-737 Así mesmo, conterá un plano onde se definan os camiños de evacuación en caso de accidente e os centros de asistencia médica próximos.
s-738 Esta chegada recoñécese por presentar temperaturas en inverno de -12º a -17º C na topografía dos 700 hPa e de -30º a -36º C á altitude dos 500 hPa, e por unha tropopausa moi baixa (6 km aproximadamente).
s-739 A participación dos cidadáns e das cidadás na boa gobernabilidade é esencial para que poida darse un desenvolvemento sostible.
s-740 Outro tanto ocorre cos xulgados do penal, con algúns do social e, en breve, notarase isto nos xulgados do contencioso-administrativo.
s-741 Os estribos da estrutura non poderán ocupar a zona de dominio público, salvo expresa autorización do administrador de infraestruturas ferroviarias.
s-742 As opcións non consistirán en proxectos especiais senón tamén na aplicación de instrumentos reguladores, económicos e de comunicación axeitados para influír positivamente no comportamento.
s-743 Neste tratado recóllese un punto fundamental, que é 'a libre circulación das persoas que se atopen dentro do territorio da Unión Europea'.
s-744 Na segunda metade dos 90 constátase sen embargo unha nítida inflexión da dinámica anterior, con dous feitos básicos a destacar:
s-745 Outra dificultade engadíase pola ausencia de datos válidos e pola carencia de estatísticas apropiadas, polo que un programa de intercambio de dereitos de emisión con tan importantes lagoas foi polémico.
s-746 O feito de que exista unha decena de diarios non é, en contra dalgunhas opinións, nin malo en si nin síntoma de atraso de ningún tipo, senón de respaldo da pobación galega ós seus órganos de expresión locais.
s-747 O solicitante deberá indicar os consumos de enerxía eléctrica que se producen na instalación, tendo en conta os consumos de enerxía que se mostran no apartado 1.2 do capítulo 5 deste documento.
s-748 Pero a pobreza é presentada como un feito medido empíricamente, sen nin sequera levantar a cuestión das lóxicas e dos mecanismos que xeran esta pobreza.
s-749 Esta lei respecta esas disposicións doutros corpos legais, pero está obrigada a regular diferenciadamente estes documentos públicos e aqueloutros , dos que se veu tratando ata aquí, que por si mesmo fan proba plena.
s-750 Ao nível de estratégias para a resoluçom de problemas, a ciência aplicada e a consultoria profissional apresentam importantes divergências.
s-751 Consumo reducido de auga ao cambiarse periodicamente; concentración dunha maior parte da carga contaminante nun volume reducido; posibilidade de reposición das perdas por evaporación de baños en quente, permitindo así a devolución do electrólito gastado.
s-752 O cómputo deste período de reelección será aplicado mesmo cando entre o cesamento e o novo nomeamento transcorresen varios anos.
s-753 Con carácter xeral, será admisible a coexistencia no seo da comisión de control do fondo de emprego de plans con representación propia e plans baixo representación conxunta, agás disposición en contra nas normas de funcionamento do fondo.
s-754 O resultado final é a transculturización (cambio de cultura) ou\e a aculturización (proceso de privación ou perda de certa parte da cultura dunha persoa ou grupo).
s-755 A transmisión de coñecemento tecnolóxico será maior cando os acordos de integración inclúen tamén a mobilidade do capital.
s-756 Escribo isto ao tempo que en Nova York se está a analizar o progreso acadado durante o último decenio na posta en práctica da Plataforma de Acción de Beijing.
s-757 Recompilar, elaborar e transmitir á Consellería de Medio Ambiente e ó Estado Español a información necesaria para o correcto seguimento dos resultados da aplicación do presente Plan, de acordo co especificado no capítulo correspondente.
s-758 Para o cálculo das súas emisións, o consumo dos distintos combustibles obtívose das diversas fontes enumeradas a continuación:
s-759 Para os diversos principios básicos de referencia que inclúen os diferentes aspectos da sustentabilidade, recóllense as principais variábeis e algúns dos indicadores propostos, baseados en diversas experiencias a nivel mundial.
s-760 Deste xeito, o obxectivo principal desta análise é obter información que proporcione unha orde de magnitude sobre os impactos que o produto en cuestión produce sobre o medio ambiente.
s-761 Por outra banda, existen tamén notables iniciativas de conservación e xestión ex situ de recursos xenéticos vexetais en Galicia, que se desenvolven en diversos centros de investigación, o que se mostra nas táboas a continuación.
s-762 Por provincias, A Coruña e Ourense presentan unha relación negativa (-11.4 e '5.6, respectivamente, en 1999), mentres que Lugo e Pontevedra ofreceron máis pacientes para transplantar que doadores efectivos de órganos achegaron (figuras 21 e 22).
s-763 O Suído é un mastodonte de pedra durmido, eternamente prostrado na parte meridional da dorsal montañosa que limita o occidente e o oriente de Galiza.
s-764 Datos de emprego da Seguridade Social Tras unha taxa de crecemento anual do 2,8%, o número de traballadores en alta laboral afiliados á Seguridade Social situouse en 2005 nas 997.745 persoas.
s-765 Este decreto define unha nova estrutura de consellería, na que Persoal deixa de ser competencia da Secretaría Xeral Técnica, para adquirir o rango de dirección xeral.
s-766 Intimamente relacionado co Plan Nacional de Residuos Perigosos, o Goberno adoptou un acordo polo que se aproba o Plan Nacional de Recuperación de Solos Contaminados.
s-767 Ao mesmo tempo, a outra cara da moeda é que, en caso de carecer desas transferencias unha parte da poboación empeoraría a súa situación en termos de renda, aumentando as desigualdades e a poboación por debaixo dos limiares de pobreza.
s-768 Non obstante, recoméndase que a toma da mostra de sangue non se realice antes das 48 horas pola posibilidade de falsos positivos para o hipotiroidismo, dada a elevación fisiolóxica da TSH.
s-769 Do mesmo xeito que Pericles advertira hai case 2.500 anos que resulta inútil ter boas ideas se logo non se saben transmitir, hoxe Umberto Eco insiste en que é imposiíbel dicir cousas novas sen explorar novas formas de dicilo .
s-770 Os proxectos con subvención plurianual, xustificarán cada anualidade especificamente e antes do día 15 de decembro de cada exercicio, presentando a documentación que se sinala no seguinte punto.
s-771 En definitiva, o recurso baséase en prexuízos, en odiosas, infundadas e incompletas comparacións revelándose este como pendenciero.
s-772 A data do devengo determina as circunstancias relevantes para a configuración da obriga tributaria, agás que a lei de cada tributo dispoña outra cousa.
s-773 Entón o cabrón é aquel 'natural', pouco 'cultural', que non sigue as normas que se marcan, que fai o que lle a gana, que fai mal.
s-774 No tocante á prevención, é a mesma que para calquera enfermidade cardiovascular: deixar de fumar, controlar os niveis de colesterol, a hipertensión e o azucre, facer exercicio e coidar a dieta.
s-775 O potencial tecnolóxico, que se ha de reforzar durante os vindeiros anos, está concentrado maioritariamente no sistema público de I+D e en particular nas universidades, que teñen ademais a responsabilidade dunha gran parte do capital intelectual necesario.
s-776 Novamente, o sector naval e, especialmente, a comarca de Ferrolterra, foron os principais afectados polos procesos de regulación de emprego.
s-777 En toda historia clínica de persoas de 14 ou máis anos de idade que acudan a consulta no último ano, quedará rexistrado.
s-778 O tempo de estadía en fondeo na zona II computarase separadamente do que poida corresponder a outros modos de utilización polo buque da zona de servicio do porto e das obras e instalacións portuarias.
s-779 A duración mínima do contrato será de 6 meses e a máxima de 3 anos, xa sexan alternos ou continuados, cunha ou varias empresas dentro do ámbito funcional do sector do presente convenio.
s-780 O pedido reflicte fundamentalmente a cantidade que hai que servir de cada un dos productos solicitados e o prazo de entrega (non sempre).
s-781 Principio de proporcionalidade e ecuanimidade: Equilibrio que debe existir entre a conduta infractora, as súas consecuencias e a sanción que teña que se impor e a exixencia de imparcialidade.
s-782 Toda a preparación debe estar tinguida dunha cultura que facilite no futuro a aprendizaxe continua, o traballo en equipo multidisciplinar, a innovación e a harmonización entre a teoría e a práctica dos coñecementos.
s-783 Hai dúas maneiras básicas de aproximarnos ao estudo das actitudes cara á inmigración por parte da sociedade de acollida: a través dos feitos e a través dos discursos.
s-784 Tecnoloxías e prácticas que erosionan a nosa capacidade de produción alimentaria no futuro, danan o medioambiente e poñen en perigo nosa saúde.
s-785 Neste ámbito os programas EMAS e Etiqueta ecolóxica permiten garantir uns requisitos ambientais mínimos avalados polas administracións públicas.
s-786 Tampouco se descoida o patrimonio medioambiental; así, o municipio está integrado na Red Natura 2000, dentro do Plan de protección de espacios naturais.
s-787 O Banco reduce as divisas cando a Balanza de Pagamentos ten un déficit e aumenta cando ten superávit, pois que é o Banco a via obrigatória para a compra e venda de divisas.
s-788 Nesa proposta recolle Blair as máis veteranas consignas do 'Contrato ', cun enfoque novo: a política hoxe -di- debe permitir sobre todo que cada se poida realizar individualmente...
s-789 Denominaranse _NON PASA UNILATERAL_ aqueles casos nos que se completou a proba nos dous oídos e se acadou un resultado positivo (_Non pasa_ ou _refer_) nun deles .
s-790 Malia que o de consumidores é unha das nosas facetas como seres humanos modernos, acomodados, para o deus sistema é a única faceta.
s-791 Isto é consecuencia dos cambios que se viñeron a producir internamente no sistema agrario, reflectidos en boa medida polo comportamento do reemprego, os gastos fóra do sector, as subvencións da explotación e o emprego agrario.
s-792 Planifica-la adaptación da Política de productos integrada proposta pola Comisión á realidade galega mediante a creación dunha estratexia ad hoc.
s-793 Polo tanto, unha das características que debe cumprir un bo imposto subcentral é que a difusión da súa incidencia fiscal estea amplamente estendida.
s-794 A dor pode ser moi tolerable, tan leve que amole lixeiramente, ou tan severa que incapacite temporalmente a unha persoa.
s-795 A partida de correos e comunicacións, cun importe de 39,557 millóns de pts, non amosa ningunha característica máis relevante para a análise.
s-796 Indicarase a IGVZ sempre que o prematuro teña menos de 28 semanas de xestación ou menos de 1.000 g de peso, independentemente dos antecedentes maternos.
s-797 Galicia é a segunda comunidade autónoma española polo valor da súa producción e a primeira exportadora, así como o primeiro productor e exportador mundial de lousa.
s-798 Neste sentido, Bhargava e Welford (1996, pp. 26-27) recollen as seguintes consideracións dirixidas a obter vantaxes competitivas por parte das empresas: 1) Excelencia medioambiental.
s-799 Os certificados a que se refire esta alínea serán redactados de maneira que conteñan a totalidade dos datos que se expoñen nos modelos que figuren no expediente formulario da clasificación da empresa.
s-800 Outro grupo de inactivos, ou de estudantes, reduciron a súa poboación en tres das catro provincias galegas, en todas agás en Lugo que aumentou (3,69%).
s-801 O EVA é unha ferramenta que, aínda que gozou dunha gran difusión no ámbito non financeiro, se fixo esperar no sector financeiro.
s-802 Neste sentido, o Sr. Kofi Annan, secretario xeral da ONU, resumiu os progresos que esperaba ver en Johannesburgo en cinco cuestións claves: auga, saúde, enerxía, agricultura e mais diversidade biolóxica e ecosistemas.
s-803 A súa organización, viabilidade de aplicación e custos son os factores condicionantes que determinarán a súa aplicación e/ou extensión a novos territorios con potencialidade suficiente.
s-804 Esta lei mantén os criterios xerais para a atribución da competencia territorial, sen multiplicar innecesariamente os foros especiais por razón da materia e sen converter todas esas regras en disposicións de aplicación necesaria.

Text viewDownload CoNNL-U