s-203
| Parentes e coñecidos dos emigrantes galegos deciden desenvolver o seu ciclo migratorio e vital nesta Comunidade Autónoma, o que en gran medida facilita a súa regularización xurídica. |
s-204
| No programa de formación 2002-2003 houbo 6.019 persoas interesadas, das que 984 pasaron polas diferentes aulas multimedia nas que se realizaban os cursos. |
s-205
| Nesta etapa, en Galicia no curso 2002/2003, a ratio de alumnos/unidade foi de 22,15 nos centros públicos e de 26,15 nos privados. |
s-206
| Os países co grao de especialización máis importante son Irlanda (alimentación e en industrias intensivas en capital humano), Holanda (industrias intensivas en capital físico e humano), Dinamarca (industria alimentaria), e Portugal e Grecia (industrias intensivas en traballo). |
s-207
| Observamos que as clases medias urbanas, colectivo de indubidable relevancia no futuro do galego, teñen unha tendencia algo máis castelanizadora ca o conxunto de habitantes das cidades. |
s-208
| Todos estes signos e síntomas danse noutras moitas enfermidades da infancia, polo que o diagnóstico se fai descartando outras posibilidades, entre as que se inclúen distintos tipos de infeccións. |
s-209
| Os destinatarios foron os alumnos de 3º ciclo da Educación Primaria e do 1º ciclo da Secundaria guiados polos seus respectivos titores. |
s-210
| Case poderiamos afirmar hoxe que a diversidade dos recursos turísticos é ilimitada en xeral, dependendo o seu uso da capacidade imaxinativa dos axentes económicos para crearen productos atractivos e motivaren así os desprazamentos e consumos. |
s-211
| A diversidade lingüística, cultural, étnica, relixiosa, nacional e histórica nos diferentes países, en definitiva, o pluralismo e a dignidade, o respecto inalienable das persoas, esixe o desenvolvemento do valor ético da tolerancia como fundamento dunha convivencia democrática. |
s-212
| O valor de uso directo, no contexto do modelo do Courel, pretende reflectir a rendibilidade económica dos proxectos e actividades. |
s-213
| Esta redución conseguese bloqueando fisicamente a apertura da billa, mediante un sistema que mestura aire coa auga que a billa bota a través dunha válvula que limita a presión de saída da agua. |
s-214
| As industrias de xeración de enerxía eléctrica por combustibles fósiles poden reduci-lo custo da eliminación de residuos segregando coidadosamente as correntes de residuos. |
s-215
| A inmunidade fronte ó virus causal específico adquírese , probablemente, despois da infección, sexa esta clínica ou subclínica. |
s-216
| En segundo lugar, observaremos a evolución dalgúns indicadores de vantaxes comparativas e do tamaño das empresas para avaliar os cambios que se produciron nestes anos. |
s-217
| O consumidor debe ser informado por escrito no momento da celebración do contrato ou antes de: a) Límite del crédito, se o houbera. |
s-218
| Os tendóns non teñen moitos vasos sanguíneos (están pouco vascularizados), fenómeno que dificulta a curación espontánea e que favorece a aparición de lesións crónicas. |
s-219
| Conta cunha importante rede de museos entre os que destacan o Museo de Pobo Galego, Arte Contemporánea, Peregrinacións, etc. |
s-220
| Consumimos sen límites; xeramos cada vez máis resíduos e máis perigosos; liberamos no ambiente carcinóxenos, disruptores hormonais e organismos xeneticamente modificados; poluímos terra, auga e atmosfera |
s-221
| Se o Estado de São Paulo, por exemplo, pide un préstamo a Francia de tantos millóns de dólares, carecerá da autorización do Senado federal (artigo 52, V, CF/88), porque terá que ser apoiado polo Tesouro Nacional. |
s-222
| Por outra banda, a paisaxe que podemos observar a media subida é impresionante, xa que terémo-la oportunidade de ve-las fragas mellor conservadas da serra dos Ancares; o val de Ortigal, co avesedo de Donis; e o val do Vara coa fraga de Cabana Vella. |
s-223
| Esta exclusión non se aplicará cando a finalización do contrato sexa por despedimento recoñecido ou declarado improcedente, ou por despedimento colectivo. |
s-224
| Para coñecer as problemáticas específicas dos inmigrantes (Punto 2) ademais de documentarnos , temos que tomar contacto cos inmigrantes e saber que é o que realmente están a necesitar. |
s-225
| Por outro lado, a súa incineración incontrolada dá lugar a emisións de compostos perigosos á atmosfera, nocivos para o medio ambiente e para a saúde das persoas. |
s-226
| A dispersión xeográfica de Galicia dificulta o transporte por ferrocarril, o cal, na actualidade, non está en condicións de satisface-la demanda que require uns tempos de traxecto menores e unha xestión do transporte distinta para mercadorías. |
s-227
| No seu defecto, entenderase que a categoría do fondo será a que corresponda ao primeiro plan que se integre no fondo. |
s-228
| Entre as mulleres maltratadas, a situación máis xeneralizada é tamén a de ter parella e convivir con esa parella, sobre todo, entre as mulleres 'tecnicamente' maltratadas (Tipo A) (75.1%). |
s-229
| Boas prácticas no tráfico aéreo: navegación, operacións aterraxe e despegamento, e diminución do 'tankering ' (transporte adicional de combustible aproveitando as diferenzas de prezo entre aeroportos). |
s-230
| Todo iso sen prexuízo da posibilidade de interpoñer recurso extraordinario de revisión nos supostos e prazos previstos no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. |
s-231
| E non so ollamos unha costa diversa, con numerosos entrantes e saíntes, con tramos de diferente altitude, tamén, como no caso anterior, cunha configuración e orientación diferente. |
s-232
| Cabe destacar, a modo de exemplo, a adscrición a ela do organismo autónomo Augas de Galicia e o ente público Obras e Servicios Hidráulicos. |
s-233
| En febreiro de 1995 aprobouse un novo Plan Nacional de Residuos Perigosos para o horizonte 1995-2000 co fin de orienta-la actuación do Goberno da nación en materia de residuos perigosos a medio e longo prazo. |
s-234
| Co pulo da TVG, o panorama audiovisual de Galicia foise transformando, a pouco, propiciando a incorporación de novos e innovadores proxectos de gran transcendencia cultural, que incrementaron o valor ólico da produción cultural galega. |
s-235
| No que atinxe aos outros recursos netos, os concellos de Beariz e Avión son claros exemplos de comportamentos atípicos dado o seu elevado nivel de renda media procedente case exclusivamente das transferencias correntes. |
s-236
| Ao valorar a propia saúde mental, a percepción é peor entre as mulleres; un 54,8% considérana mala ou regular fronte a un 32,6% entre os homes (p<0,0001). |
s-237
| En colaboración coa Escola Galega de Administración Pública impartíronse módulos de política de igualdade que inclúen información sobre violencia de xénero nos cursos dirixidos ó persoal da Xunta de Galicia. |
s-238
| En efecto, e no que se refire ás importacións, destaca a importancia tan notable que se detecta nos productos intermedios e, dentro destes, nos productos intermedios non enerxéticos. |
s-239
| A reivindicación da igualdade como paradigma dos dereitos formou sempre parte importante do feminismo, e por esta razón tomamos de Luigi FERRAJOLI unha aclaración sobre o termo, dende a perspectiva xurídica, que nos parece útil. |
s-240
| A Lei de Prevención de Riscos Laborais, do 8 de novembro de 1995 e a súa normativa de desenvolvemento pretenderon superar os conceptos anteriores de reparación e protección e establecer os criterios preventivos como fundamentais para evitar os accidentes de traballo. |
s-241
| Con datos referidos ó ano 1998, da Encuesta Industrial de Empresas, elaborada polo INE, obtíñase a partir do importe neto da cifra de negocios, a distribución sectorial da industria galega, que figura no cadro 1. |
s-242
| Así, no ano 1993 estas empresas apenas facturaban 59.000 millóns de pesetas no seu conxunto, mentres que no ano 1996 ronda os 80.000 millóns. |
s-243
| De forma semellante ó período 1992-96, o FCI baixo o novo modelo segue sendo o mecanismo máis postergado, mesmo nin sequera se menciona no Acordo de 1996. |
s-244
| A busca activa dos casos de tuberculose e o seu tratamento precoz, sobre todo dos casos bacilíferos, son indicadores da eficiencia dos programas de control da tuberculose. |
s-245
| A Comunidade levou a cabo xa unha serie de iniciativas e programas dirixidos a estreitar a colaboración entre autoridades e empresas e incitar a estas últimas a tomar con carácter voluntario medidas para aumentar o seu rendemento ecolóxico. |
s-246
| Na queixa 470/05 unha veciña dunha parroquia do Concello do Páramo referíase á demora producida na tramitación pola Dirección Xeral de Urbanismo dun expediente de autorización autonómica para a instalación dunha granxa de cebo de pavos. |
s-247
| Destes conceptos supostamente modélicos, depende tamén a imaxe e o papel que esa sociedade asigna ós anciáns e a súa forma de afronta-los problemas da vellez. |
s-248
| Cada delegación territorial do COAG ofertará aos centros educativos itinerarios, na súa zona de influencia, que permitan o coñecemento de obras de arquitectura contemporánea de interese para a valoración da mesma. |
s-249
| Para isto, segundo a lexislación vixente, utilizaranse equipos como pontes, ramplas ou pasarelas, todos eles provistos dun chan non esvaradoiro e, en caso necesario, dunha protección lateral. |
s-250
| Tamén pode alcanzar a aqueles axentes con evidencia inadecuada para os humanos e evidencia limitada para os animais de experimentación xunto con outros datos relevantes que apoian a súa inclusión neste grupo. |
s-251
| Pero se non se acorda ata o día seguinte, manteña a dose que lle toca, é dicir: non varíe pola súa conta nin tome o dobre, pero informe o seu médico do esquecemento. |
s-252
| Outras formas de aproveitamento que poidan atoparse co desenvolvemento de opcións de I+D+i Así, SOGAMA constitúe unha solución óptima e complementaria para a xestión daquelas fraccións de residuos non aproveitados por outras vías. |
s-253
| Nas operacións de poda de ramas baixas, entresacas e roza de vexetación herbácea ou arbustiva, a fitomasa cortada non debera ser extraída do ecosistema nin queimada, pola perda nutrientes que conlevan estas prácticas. |
s-254
| Por todo isto, e para dar unha resposta consensuada entre todos os profesionais e coherente a estos múltiples retos, é polo que o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo desenvolveu o seu propio plan estratéxico, cos obxectivos seguintes: |
s-255
| Outra posibilidade de incrementa-la participación (compatible coa anterior) pode ser mediante a volta ás orixes, é dicir, potenciando/facilitando a creación de asociacións que traten de elimina- los pasos intermedios que poida haber entre a participación e a acción. |
s-256
| Están construídos con pequenas pedras e asentadas por outras de maiores dimensións que se sitúan en posicións intermedias. |
s-257
| Para que a contratación ecolóxica tivese éxito neste contorno, foi preciso cooperar e descargar aos contratados na medida do posible dos labores técnicos de establecemento dos criterios medioambientais. |
s-258
| Esta realidade terá que ser tenida en conta cando se debate a flexibilización do mercado de traballo ou a reducción dos costes laborais a través da disminución dos salarios máis baixos. |
s-259
| Con este fin establécense no Programa os seguintes obxectivos concretos: Lograr unha mellor comprensión das ameazas á saúde humana. |
s-260
| No hemisferio norte, a rexión á esquerda do chorro chámase o seu lado frío; a rexión á dereita é o seu lado cálido. |
s-261
| XX Aniversario: con motivo da próxima celebración dos vinte anos do Grupo Naturalista Hábitat, convócase a tódolos socios interesados en colaborar na realización dunha memoria que resuma o traballo desenrolado. |
s-262
| Debemos comezar a traballar xuntos, a loita solitaria das mulleres, polas mulleres e para as mulleres debe chegar ao seu fin. |
s-263
| Nos casos regulados neste apartado, así como cando se trate de residuos urbanos distintos ós xerados nos domicilios particulares, as entidades locais competentes, por motivos xustificados, poderán obrigar ós posuidores a xestionalos por si mesmos. |
s-264
| O Congreso Internacional sobre Educación e Formación Relativas ao Medio Ambiente, na organización do cal tamén se implicou o Goberno da URSS, tivo lugar en Moscova en agosto de 1987. |
s-265
| O acceso aos coidados paliativos basearase na necesidade, e non debe ser incluído polo tipo de enfermidade, nin pola localización xeográfica, nin polo estatus socio-económico ou outros factores semellantes. |
s-266
| Hai que suliñar que estes cálculos non pretenden axeitar de modo exacto as necesidades de cada zona senón que se trata de grandes números de referencia. |
s-267
| Recoñecéronse ata catro glaciacións sucesivas, que recibiron o nome dos ríos bávaros onde se estudiaron (Günz, Mindel, Riss e Würm), definidas pola presencia de catro xeracións de morrenas terminais escalonadas, coas súas respectivas terrazas fluvioglaciares. |
s-268
| Sumando o fluxo de custos e beneficios a través do tempo e descontando os custos e beneficios segundo a súa distancia no tempo, obtense o valor presente dos beneficios e custos. |
s-269
| Todas estas definicións recoñecen que a tolerancia é unha necesidade non só para a sociedade civil, senón tamén para a supervivencia mesma da humanidade. |
s-270
| Para conquistar a nosa liberdade económica e política é necesario volver a outra vez a mirada a Gandhi, ás súas ideas de autogoberno e de autoproducción local. |
s-271
| A partires da súa constitución, SOGAMA proponse dar resposta á problemática dos residuos en Galicia, a través de dous preceptos: |
s-272
| Segundo.-A Orde do 29 de abril de 2002 (DOG do 15 de maio) establece no seu punto oitavo que para poder percibir as axudas correspondentes é necesario presentar a documentación xustificativa antes do 31 de outubro do exercicio correspondente á anualidade de que se trate. |
s-273
| Nos casos de transplante de FÍGADO, CORAZÓN E PULMÓN, é unha selección nacional e colabora a ONT para atender criterios de urxencia e de reparto intersectorial. |
s-274
| O investimento non ten que vir do socio comercial necesariamente, senón que a integración lles daría o atractivo para captar investimento de países non membros. |
s-275
| Hai numerosos grupos de laxantes: formadores de masa, emolientes, osmóticos, estimulantes da mobilidade intestinal, derivados de azucres, laxantes por vía rectal... |
s-276
| E que a convivencia nelas debe producirse entre persoas de idades, gustos, ocupacións e niveis de saúde moi diferentes uns de outros. |
s-277
| Esta fundación ten por obxecto promover, incentivar e executar cantas accións se orienten á potenciación e difusión da galeguidade en calquera parte do mundo, en especial, nos lugares onde estean radicadas comunidades galegas. |
s-278
| E incorpora tamén principios dunha época nova: ofrecer -di- aos áns os medios para que se responsabilicen de si mesmos, é dicir, ampliar posibilidades de mobilidade social, aumentar a responsabilidade individual e o poder. |
s-279
| Calquera bon observador da realidade galega sabe que, aquí, a economía sumerxida ven actuando á vez como paliativo da pobreza e como expresión delictiva. |
s-280
| Decreto 109/1998 de 5 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (Diario Oficial de Galicia, número 65, de 6 de abril de 1998). |
s-281
| Con todo, pode resultar de interese falar de novos formatos comerciais emerxentes, aínda que sexa brevemente, xa que non é o obxeto deste estudo. |
s-282
| Isto faise utilizando as taxas de conversión ilustradas no gráfico 9 que permiten calcular a equivalencia entre un ano de vida en perfecta saúde e o mesmo ano con saúde imperfecta a distintas idades. |
s-283
| E sociolóxicas, xa que o emigrante emigrou cara a cidades, interpretándose este contorno como máis positivo en contraposición a un medio rural no que as súas carencias impulsaron a saída ó exterior. |
s-284
| Segundo isto, os síntomas físicos da anguria serían producidos pola penetración no torrente circulatorio de productos especiais de desintegración dos elementos nerviosos. |
s-285
| As propiedades químicas dos solos situados sobre xistos poden ser consideradas intermedias entre as propias dos solos sobre granitos e rochas básicas. |
s-286
| A aparición no mercado internacional de agresivos competidores, favorecidos con tratos arancelarios privilexiados, unida a cambios na demanda, os problemas no abastecemento da dita materia prima, xunto cos anos problemáticos 82-83-84, foron os factores que desencadearon tal situación. |
s-287
| En virtude do exposto, e ao abeiro da competencia atribuída polo artigo 20.2º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro (DOG do 11 de decembro), polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, RESOLVO: |
s-288
| A equidade nas formas de vida da cidadanía hase incrementar, eliminando a pobreza, a exclusión e a discriminación, e reducindo as desigualdades socioeconómicas. |
s-289
| De xeito moito máis concreto enuncianse no artigo 36.2 da LPRL os poderes de que dispoñen os Delegados de prevención. |
s-290
| A estratexia ha de consistir en suavizar as fases cíclicas e asentar as bases para que a segunda metade da década non presente tantas incertezas. |
s-291
| Nas áreas rurais e pequenas cidades a poboación ten asumida a imposibilidade ou dificultade de gozar de universidades e de determinados servizos educativos especializados (escolas de idiomas, por exemplo) que, en cambio, si son propios das cidades. |
s-292
| A continuación presentaremos unha descrición xeral da situación sociolingüística de Galicia a través da evolución que se pode observar nos datos das dúas investigacións que nos serven de referencia (MSG-92 e ECVF-03). |
s-293
| A observación da política tende, pola contra, a mostrar unha plena e enteira adhesión a esta análise e a busca de solucións conformes aos principios que acabamos de mencionar. |
s-294
| Sempre que sexa posible, estes indicadores teñen que medirse segundo uns estándares axeitados, xa que sen esta comparación a información que proporcionan perde utilidade. |
s-295
| Finalmente realizarase unha avaliación global que permita adquirir unha visión xeral, integrada e sintética da incidencia ambiental do proxecto. |
s-296
| Hai sociedades que dispoñendo de lingua propia non consolidaron un proxecto colectivo común e desintegráronse no discurso da Historia, mentres que outras, falando a lingua das metrópolis, lograron ese recoñecemento da identidade e mesmo a independencia política. |
s-297
| Por todo iso, un conxunto de empresas que utiliza de forma eficiente o modelo en rede, baixo a fórmula societaria de sociedade cooperativa, se converte na conxugación de factores que permite poñer en práctica o principio de interese pola comunidade. |
s-298
| Esta ligazón técnica entre VLE e MTD non significa que se impoña a obriga de empregar estas últimas, pero si de alcanza-los niveis de emisión ou estándares de calidade ambiental que elas permiten. |
s-299
| Os efluentes deste tipo de procesos teñen unha composición variable, dependendo da tecnoloxía aplicada e de se se separa o lactosoro [11]. |
s-300
| O modelo input-output establece unha relación cuantitativa observable que presenta unha certa vantaxe sobre o concepto das funcións de produción neoclásicas. |
s-301
| Na Galicia occidental non se chegou á situación da anterior, pero nos últimos anos advírtese unha tendencia ó descenso da natalidade. |
s-302
| Galicia localízase na denominada Iberia húmida, diferenciándose nela o clima temperado como resultado da influencia do océano e caracterizado pola existencia de invernos suaves e veráns frescos con precipitacións espalladas regularmente ó longo de todo o ano. |