s-3
| Os impostos supoñen límites para os dereitos de propiedade e podemos consideralos como unha _atenuación_ dos dereitos exclusivos. |
s-4
| Unha vez avaliados, a proposta de resolución será elevada ao presidente do Igape, quen resolverá por delegación do Consello de Dirección. |
s-5
| Este proceso denomínase crioulización, e o resultado, o crioulo, será unha variedade estructuralmente máis complexa có pidgin orixinal, comparable á complexidade de calquera lingua natural. |
s-6
| As situacións de pobreza severa -n as que as persoas viven á marxe da sociedade ou están apartadas completamente das normas sociais convencionaisacumúlanse frecuentemente sobre os grupos e persoas de maior risco, dando orixe a situacións de auténtica polipatoloxía social. |
s-7
| Unha vez valorada a situación do accidente e informado o 061, hai algunhas normas que podemos realizar con respecto ós accidentados. |
s-8
| Para eses autores, preséntase aí un gran risco de que se 'dea á avaliación un sentido tecnocrático e que se pase a esixir burocraticamente o cumprimento de obrigas' (Granhein & Lundgren, 1992, p. 18 e 19). |
s-9
| A mínima segue a dala a provincia de Pontevedra, coa porcentaxe máis baixa de Galicia e tamén sensiblemente inferior á media española. |
s-10
| A acreditación permitirá asistir ás conferencias que pronuncien os expertos e a participar nas actividades que se organicen especificamente para os asistentes. |
s-11
| Por outra banda, o peche tamén redirixiría as correntes do Océano Atlántico, potenciando a corrente do Golfo e o transporte de augas cálidas superficias cara ó norte. |
s-12
| Avellentar con éxito Temos que ser capaces de educar e sensibilizar ás sociedades no respecto dos dereitos humanos das persoas maiores e en especial das mulleres, que sufrimos maior discriminación porque se nos une a pobreza e a incapacidade económica e funcional. |
s-13
| Pero Touriño agradeceu o convite e negouse a facelo , polo que Zitarrosa tivo que tomar unhas clases de galego co seu amigo antes de incluí-la composición no seu disco, converténdoa así nun clásico do canto popular oriental. |
s-14
| Ponse tamén especial énfase na necesidade de coordinación das diferentes administracións na prevención e combate dos incendios. |
s-15
| Nas análises iniciais introducíronse todas aquelas variables que, intuitivamente, poderían axudar a clasificar os falantes dunha e doutra lingua. |
s-16
| Os cadros 4.2.15. e 4.2.16. mostran as importacións e exportacións de produtos da industria manufactureira segundo o nivel tecnolóxico distribuídas por provincias. |
s-17
| Ante o diagnostico dun cancro de mama e normal que a paciente chore e non se considera prexudicial, posto que as bagoas axudaran a alivia-lo estres que esta padecendo, o pranto forma parte deste proceso de aceptacion e adaptacion da enfermidade. |
s-18
| A falta de perspectivas laborais, a flexibilidade das normas de convivencia no fogar e os custos da vida postergáronnos a vivir unha situación de xuventude forzosa e perpetua, condicionando ata certo grao a nosa relación coas drogas. |
s-19
| A expresión destas situacións de acoso psicolóxico pode manifestarse a través de distintas actitudes e comportamentos por parte do acosador ou acosadora: |
s-20
| As propostas da loita contra as causas dos incendios son as mesmas que han de ter en conta a tan necesaria ordenación dos montes. |
s-21
| A continuación, propoñémoslle unha serie de pequenos hábitos cotiáns que lle axudarán a reducir o consumo de enerxía ata un 20%, o que se traduciría nun aforro de aproximadamente de 5,20 euros en cada factura. |
s-22
| Ademais dos compoñentes cíclicos favorables, a concesión de licencias de telefonía móbil de terceira xeración abriu unha nova vía para a obtención de ingresos que podería empregarse para reducir a débeda pública . |
s-23
| Por outra parte, para avaliar o volume do desemprego, e sobre todo a súa incidencia na xeneración da pobreza, é necesario afinar suficientemente no manexo dos datos. |
s-24
| A transcendencia deste medio pode quedar ben de manifesto nun estudo sobre un conxunto de 140 artigos científicos publicados nestes xornais, dos que o 84 % tiñan como orixe os press realease (Semir,V. |
s-25
| O certo é que os novos sistemas de produción flexible, consistentes nun cambio rápido dunha liña de produción, que producen para o momento e apenas manteñen existencias mínimas de produtos, requiren un novo perfil de traballador/a. |
s-26
| Esta lista tamén se poderá consultar no teléfono de información da Consellería de Innovación, Industria e Comercio (981 54 43 41) e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es). |
s-27
| As áreas pavimentadas da granxa tamén se limpan mediante un varrido ou empregando un sistema de pulverización con auga. |
s-28
| Das dúas, a salmonícola presenta unha calidade máis elevada, ao necesitar as especies que viven ou poderían vivir neste tipo de auga, maior osíxeno para o seu desenvolvemento, indicador dunha maior calidade da auga. |
s-29
| Poden achegarse o Servizo de Prevención de Drogodependenciad do Concello de Lugo, no cal poderán solicitar assoramento e información, coma as seguintes fichas de axuda: |
s-30
| Depende do tamaño e da dirección dos catro gaps asociados coa prestación de calidade de servizo do lado do seu provedor. |
s-31
| Indagando nesta relación, observamos que, das posicións que presentaban arancel non nulo no ano 1985, o 82% tiñan unha protección arancelaria fronte a terceiros un 33% máis elevada que fronte á CE-10. |
s-32
| Esta conclusión lévanos a analizar o concepto de 'interlocutor', participante ou 'actor', isto é, a considerar cada unha das partes ou colectivos que interveñen neste diálogo. |
s-33
| Outro instrumento que axuda a avalia-la bondade do axustamento da AF é a comunalidade de cada variable, é dicir, a porcentaxe de variación total dunha variable explicada polos factores que, polo tanto, indica ata qué punto os factores axudan a explica-la variable. |
s-34
| Sen embargo, a outra quinta parte da poboación (a discusión sobre a cifra exacta nunca se afasta dese 20%) de España vive na pobreza. |
s-35
| Para iso, requirirase unha mellora significativa da calidade da información económica e ambiental, e das avaliacións xerais e de políticas concretas, nas que se basea na actualidade a toma de decisións. |
s-36
| Gabicia demanda ás administracións locais e autonómica proxectos ambiciosos para o fomento do uso da bicicleta como medio de transporte san e ecolóxico no medio urbano e interurbano. |
s-37
| Cada grupo de dentes ten unha función determinada en relación coa alimentación: os incisivos cortan, os canteiros desgarran e os premolares e molares trituran, ademáis de ter unha grande importancia na estética. |
s-38
| Un dos debates máis interesantes na reorientación dos Estados do Benestar nos anos noventa é a idea dun ingreso mínimo completamente incondicional. |
s-39
| Finalmente, pretendemos contribuír a pecha-la brecha que existe entre a importancia que a débeda adquiriu para as arcas das comunidades autónomas e o escaso reflexo que aínda ten no campo dos estudios empíricos. |
s-40
| Esta última forma de amnesia obsérvase nas lesións destructivas difusas das neuronas cerebrais, na demencia senil, na hemorraxia e no reblandecemento cerebrais e na demencia paralítica. |
s-41
| As modificacións non autorizadas nas obras con respecto aos proxectos polos que se rexa a súa realización orixinarán responsabilidades dos funcionarios de acordo coas normas a que se refire o apartado anterior. |
s-42
| Ademais, resulta obrigado o recoñecemento expreso dos instrumentos que permiten recoller e reproducir palabras, sons e imaxes ou datos, cifras e operacións matemáticas. |
s-43
| Grazas ao seu esforzo, decenas de nenos, escasos de roupa pero de mirada celestial, acceden, do mesmo xeito que o vástago dun sultán, ao mellor sistema educativo. |
s-44
| O PEIT estrutura os seus obxectivos en catro grandes obxectivos cualitativos: a mellora da eficiencia do sistema; o fortalecemento da cohesión social e territorial; a sostenibilidade; e o impulso do desenvolvemento económico e a competitividade. |
s-45
| Recoméndase especialmente unha atención prioritaria ao sector de servizos e, dentro del , ao turismo, polo impacto que esta actividade ten en determinadas zonas do mundo. |
s-46
| A macroeconomía, en canto método, non é debedora exclusivamente de Keynes, xa que os fisiócratas operaban desde esa perspectiva cando dividían a sociedade en tres _clases_ para demostra-la _circulación da riqueza_ (Brooman, 1970, cap. 1). |
s-47
| Resultan baldíos posicionamentos pechados de si a incorporación ten que ser sempre en recursos xerais ou sempre en recursos específicos. |
s-48
| Acompañando á difusión do proxecto, organizaranse xornadas de formación do profesorado, nas que se presentarán os materiais elaborados e se explicitarán as intencións educativas dos mesmos. |
s-49
| A pulverización do concentrado en pequenas gotiñas realízase nun cabezal de atomización que pode ser un disco xiratorio ou unha tobeira de presión. |
s-50
| Ademais, resulta difícil establecer unha relación entre o deseño e o desenvolvemento da OPV e a posterior evolución das cotizacións, dado que estas dependen doutros moitos factores tanto do mercado como específicos da empresa emisora. |
s-51
| O noso lecer perténcelles : a maioría das películas que presenciamos, os discos que consumimos, os media que contemplamos e os libros que lemos son propiedade dun reducido grupo de multinacionais alleas a todo tipo de control político ou social. |
s-52
| No que afecta a xestión en materia de mobilidade xeográfica dos membros das Forzas Armadas, introdúcense reformas na Lei 26/1999, do 9 de xullo, de medidas de apoio á mobilidade xeográfica dos membros das Forzas Armadas. |
s-53
| A tendencia nos últimos anos vén a confirmar unha caída nos gastos por este concepto, con capacidade para segmentar e diferenciar a demanda. |
s-54
| Da devandita anotación expedirase a correspondente certificación, que será posta polo interesado á disposición do órgano ante o que se constitúa a garantía, de acordo co establecido no artigo 61 deste regulamento. |
s-55
| E logo están os cans, os seres máis nobres, agarimosos e especiais de todos cantos creou a nai natura, sen dúbida máis cá os animais humanos. |
s-56
| Coa desvalorización, a crise económica acaba manifestándose no mercado publicitario e con isto vén a fin da euforia do plan real, no segundo Goberno FHC, e todo o sistema vai á quebra. |
s-57
| En termos de emisións de gases de efecto invernadoiro á atmosfera, é o sector enerxético o que máis contribúe ao cambio climático, seguido do transporte e do sector terciario ou de usos domésticos. |
s-58
| Non obstante, a partir do inicio do período 2006/2007, as autoridades competentes das comunidades autónomas poderán asumir plenamente as funcións establecidas neste real decreto e notificaranllo previamente ao FEGA antes do 31 de decembro de 2005. |
s-59
| Como problema engadido, esta carga alimenta os problemas de endebedamento das Comunidades Autónomas e, no longo prazo, do déficit público. |
s-60
| Aínda que continúa a ser a rama de actividade máis expansiva, a taxa de crecemento da construcción mostra un perfil desacelerado. |
s-61
| Por contra, coma reflicte o cadro 1.3.2., no conxunto do Estado prodúcese unha aceleración no crecemento da RFBD, acadando unha taxa do 7,3% fronte ao 6,2% do ano anterior. |
s-62
| A Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación promoverá e garantirá a calidade das universidades, obxectivo esencial da política universitaria. |
s-63
| O obxectivo para os vehículos fóra de uso é que a xestión de todos eles se realice de forma controlada e autorizada. |
s-64
| Desta forma, a diglosia pasaba a se-lo correlato social do bilingüismo, concepto agora reservado para indica-lo grao de coñecemento lingüístico individual3. |
s-65
| Os certificados de clase 2 CA emitidos pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda serán válidos a efectos de presentación de solicitudes. |
s-66
| Serán deducibles as dotacións para a cobertura da perda de valor dos elementos patrimoniais adquiridos en pagamento de créditos, previamente cualificados como dubidosos ou de moi dubidoso cobramento, de acordo coas normas establecidas polo Banco de España. |
s-67
| Implican unha transferencia financeira entre os contaminadores e a colectividade ou tamén poden implicar unha acción directa sobre os prezos relativos. |
s-68
| En Galicia, a acuicultura mariña baséase no cultivo do mexillón en bateas, o rodaballo en granxas en terra e o salmón. |
s-69
| A taxa de actividade feminina amosou un maior incremento que a masculina no segundo trimestre do ano, sendo a reducción na taxa de paro feminino maior que a do masculino. |
s-70
| No conxunto de Galicia recibiron a 1ª dose de vacina o 81,50% dos nenos, co que se acada unha cobertura lixeiramente maior da acadada o ano pasado que foi dun 79,6%. |
s-71
| Falamos de incinerar, mesmo falamos de crear unha destas industrias queima-lixo no sur de Galiza, pasando por alto os principios de reciclar, reutilizar e, o principal, reducir. |
s-72
| A apertura das exportacións e das importacións é un dos obxectivos máis persistentes dos gobernos brasileiros desde o ano 1990. |
s-73
| Actuacións tendentes a mellorar esta situación, especialmente a reforestación e a forestación, poden ser fundamentais para a evolución do clima a escala global e a medio prazo en dous aspectos: |
s-74
| Son as mulleres as que se queixan máis de non ver tan a miúdo como quixesen aos seus familiares (p=0,009). |
s-75
| O cumprimento do contrato, tanto na vertente asistencial como na económica, debe ser un obxectivo prioritario da nova xestión. |
s-76
| A emerxencia de M. tuberculosis resistente nunha poboación asociouse a unha variedade de factores relacionados cos programas de control, coa asistencia médica e cos propios pacientes. |
s-77
| Un dos problemas fundamentais da PCP é a aínda excesiva capacidade pesqueira da flota en relación cos recursos pesqueiros dispoñibles. |
s-78
| Se non fose así, parece conveniente a súa constitución co fin de implicar desde o principio os máximos sectores posibles da comunidade escolar, afianzando ademais o carácter democrático e participativo do proceso. |
s-79
| Nas súas disposicións adicionais e transitorias, a lei aborda certos problemas derivados da súa entrada en vigor ou conexos con esta regulación. |
s-80
| De seguido ofrécese unha breve descrición das tecnoloxías dos sistemas enerxéticos de combustión, ningunha delas comercialmente viable no presente pero si nun futuro próximo. |
s-81
| Por tanto, para acadar o nivel de renda do entorno, xa sexa provincial, rexional ou estatal, no caso da maioría dos concellos e para manter o seu actual status no caso de As Pontes, os retos futuros para este territorio son elevados. |
s-82
| De cara á poboación xitana o impacto é fundamental, aínda que desigual, desde a perspectiva dos distintos grupos humanos que conforman o colectivo. |
s-83
| Alternativamente, as transferencias correntes respecto do PIB (TRNFCit) terían que arroxar un signo positivo, xa que incrementos no peso das transferencias supoñen unha menor visibilidade e, polo tanto, un maior endebedamento. |
s-84
| Por último, ten importantes problemas de aplicación debido á existencia dunha importante carga burocrática, así como o control do cumprimento dunha gran cantidade de directivas transfórmase nunha misión imposible que resulta nunha ineficiencia das normas. |
s-85
| Neste sentido, Galicia cumpre todos os criterios xeográficos, económicos, ecolóxicos e culturais para ser declarada AMES por parte da Organización Marítima Internacional, mais é responsabilidade da Xunta de Galicia iniciar os trámites para dita declaración. |
s-86
| Na devandita sección descríbese con detalle a localización e competencia territorial do Tribunal Económico-Administrativo Central e dos tribunais económico-administrativos rexionais e locais. |
s-87
| Isto implica a necesidade de contar con mecanismos de análise da realidade social e da realidade xuvenil que lles proporcionen ás entidades unha visión en permanente actualización sobre o que acontece ao seu arredor. |
s-88
| Débese recoñecer o traballo non remunerado, de forma que exista un reparto equitativo do traballo social e o tempo libre. |
s-89
| Pola súa parte, López Andión (1997) tampouco non atopa evidencia de que o racionamento de crédito influíra na demanda nin tampouco na actividade de construcción das novas vivendas para o mercado español. |
s-90
| Contra a dita resolución poderase interpor recurso de reposición no prazo dun mes a partir da publicación nos taboleiros de anuncios. |
s-91
| Aínda así, creo que se poden compatibilizar moitas actividades, mais falla seriedade, vontade, capacitación e, dende logo, amor (aínda que isto xa se pareza a un artigo de Gala). |
s-92
| Esta xeración de residuos prodúcese , fundamentalmente, por dúas razóns: Porque o aproveitamento dunha materia prima principal dificilmente pode alcanza-lo 100%. |
s-93
| Pero o elenco de dereitos da terceira xeración nútrese tamén dun conxunto doutros de carácter heteroxéneo pero que constitúen serias preocupacións da sociedade civil do noso tempo e dos estados. |
s-94
| A modificación, se é o caso, non se poderá efectuar despois de transcorrido o prazo máximo fixado no número 5.º do número 1 do artigo 21 da Lei 22/2003, do 9 de xullo, concursal. |
s-95
| Dado que son as áreas urbanas as que teñen cada vez un maior peso na estructura demográfica, a importancia do modelo tradicional pasa a ser cada vez máis cativa. |
s-96
| A distribución das hospitalizacións por grupos específicos de enfermidades e por provincias vémola na táboa seguinte: |
s-97
| O caso de Andalucía esixe unha referencia especial, xa que, pese a ser unha comunidade fortemente emisora de emigrantes segue tendo aínda unha pirámide demográfica relativamente xove. |
s-98
| Baséase no coñecemento dos cambios no moco cervical ao longo do ciclo menstrual debido ao influxo dos estróxenos/proxesterona. |
s-99
| Gran cantidade dos zurros non chega a ser utilizada polos cultivos e incorpórase a ecosistemas non agrícolas onde pode deteriorar o equilibrio entre as especies porque aquelas plantas que poden tolerar altos niveis de nutrientes desenvólvense a expensas das outras. |
s-100
| A xuízo de Benito Reza, 'Galicia está aínda hoxe moi lonxe de asumir nun grao aceptable os compromisos ambientais derivados do novo marco comunitario onde nos movemos'. |
s-101
| A carie dental é unha enfermidade infecciosa na que existe unha destrución dos tecidos duros dentarios pola acción dos ácidos producidos polos microorganismos que integran a placa dental. |
s-102
| A LPRL pon de manifesto unha preocupación por determinar o número de Delegados de Prevención deixando, como se acaba de ver, algunhas cuestións máis importantes sen resolver. |