gl-treegal-test
Universal Dependencies - Galician - TreeGal
Language | Galician |
---|
Project | TreeGal |
---|
Corpus Part | test |
---|
View options
Text: - Show: - Tags:
Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
'O 22 de febreiro dous articulistas afirmaban no periódico que vostede dirixe que a obra de Guillermo Cabrera Infante foi prohibida en Cuba. Os editores cubanos fixemos o posíbel para lograr a publicación dalgúns dos seus títulos e, xunto coa súa morte, deploramos que en vida Cabrera Infante, de xeito expreso, prohibise ser publicado no noso país, antepoñendo á literatura e ao coñecemento da súa obra polo público lector cubano a súa obsesión política contra a Revolución, amplificada en sistemáticas declaracións que a propaganda tendenciosa se encargaba de axigantar. Walesa critica unha emisora católica Lech Walesa, líder histórico do sindicato polaco Solidariedade, que rematou co sistema socialista en Polonia, Nobel da Paz e devoto fillo da Igrexa Católica, vén de emprender unha aguda campaña contra unha popular emisora católica do seu país. Walesa pídelle ao Goberno e á Igrexa Católica que fagan o posíbel para poñer fin a unha incesante campaña de odio e calumnias contra o inimigo 'infiel, laico, xudeo, masón, comunista', con que a emisora da orde dos redentoristas, dirixida polo padre Tadeusz Rydzyk e arroupada nun manto de devoción mariana, vén envelenando a vida pública polaca. Babecas da (in)cultura E bárbaros deses _Atlántico Diario, 27 febreiro último_ teñen a posibilidade de predicar a súa ignorancia e transmitirlles aos demais a súa incultura. Ou sexa, que Viqueira, Risco, Otero Pedraio, Filgueira Valverde, etc, foron un obstáculo para a cultura. E como o falar non ten cancela, engade: Home, que isto o diga alguén que vai dirixir unha delegación do Instituto Cervantes non deixa de ser un bo despropósito, pois, ¿haberá algo máis subsidiado, en cultura, que o labor dun organismo como o Instituto Cervantes? Ou sexa, que os fusilamentos do 2 de maio debidos a Goya xa non teñen encaixe na nosa sociedade, e o seu españolismo, más ben o seu madrileñismo, escluiría a universalidade, polo que Goya empobrecería o mundo.
Download XML • Download text
• Sentence view • Dependency trees